Un poco de seriedad

marzo 27, 2008

Comilonum e Arde Lucus, xuntos por primeira vez

Filed under: General — chei @ 1:50 pm

 A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, anunciou esta mañá as datas destes dous acontecementos lucenses: do 20 ao 22 de xuño.

Desfile na praza Maior

En xuño, Lugo arderá de novo. As rúas volveranse a decorar con motivos clásicos, e os lucenses poderán volver a vestirse de romanos. Este ano, a novidade será que o Comilonum, acontecemento perdido fai uns anos, se celebrará na mesma data que o Arde Lucus. O Goberno Municipal estima uns 4.000 participantes nesta gran comida ó redor da muralla na que, como sempre, o plato estrela será o lacón con grelos.

Para esta nova edición do Comilonum contarase coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo. Os establecementos participantes están traballando actualmente para a confección do menú.

Basadre explicou tamén que un dos motivo principias deste Arde Lucus 2008, é a maior asistencia de cidadáns ás actividades, e como principal recurso, proponse unha carreira de atletas ó redor da Muralla. Búscanse máis lucenses vestidos de romanos, e para iso, os presos e presas de Bonxe xa confeccionaron máis de sesenta traxes e sandalias de coiro, nos que o deseño dos mesmos está inspirado na historia romana de Lugo. Estos traxes levaranos os persoal do Concello e o cortexo do Cesar, aínda que estanse a crear mais para todos aqueles lucenses quen os queiran.

Como en edicións anteriores, Lugo decorarase con ornamento de época. As rúas empaparanse de histoia para que o casco vello recupere a súa apariencia romana. O teatro, a música e a pirotecnia que alumbra a catedral axudarán a crear un ambente festeiro.

Como actividades evocadoras, as loitas dos gladiadores nas rúas, as vodas celtas, a venta de esclavos, as probas deportivas e o conxuro da queimada. Instalarase de novo o campamento militar e o Mercado, que este ano ocupará as prazas Maior, do Campo, a Soidade e a rúa Armañá.

Basadre anunciou que o que busca, “é consolidar esta festa no calendario de celebracións de comezos do verán, para convertila en referente das festas históricas que se celebran en toda a Comunidade galega”.

Anuncios

Dejar un comentario »

Aún no hay comentarios.

RSS feed for comments on this post. TrackBack URI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Blog de WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: