Un poco de seriedad

abril 8, 2008

Porque o amor nunca pasa de moda

Filed under: General — chei @ 12:04 pm

“NO HAY BURLAS CON EL AMOR”

Entre música, verso, interpretación e unha boa dose de amor e happy end, puidemos disfrutar desta magnífica adaptación da obra do mestre Calderón de la Barca. ¿Quen dixo que o teatro do século de ouro non se podía adaptar? Ós anos vinte, con sombreiro e charleston, toma esa. Os cabaleiros ségueno a ser mesmo sen a capa e sen a espada, e as damas tamén, pese a levar as saias mais curtas.

A preocupación dun pai pola perda do honor da súa filla, ou unha relación difícil de ocultar ós olllos da sociedade, ou ciumes, ou frechazos ou… amor en estado efémero. Porque o amor nunca pasa de moda. “O amor chega sen querer, de nada vale resistirse”.

Unha excelente adapatación da obra e unha interpretación do verso brillante que conseguiron que se fixese máis comprensible do esperado. Os toques a modo musical fixeron a acción moito máis atractiva e amena, conseguindo que co público se levantara dos seus asentos para aplaudir con tódalas súas forzas.

Murcianos, estudantes de arte dramático, e por riba de todo, artistas. Asi da gusto ir ó teatro.

Os actores da obra falaron con nós para contarnos as súas impresións sobre a representación do Domingo:

·          NO HAY BURLAS CON EL AMOR.

 

De Calderón de la Barca.

Lingua castelán. Duración: 90 min.

Representada pola Escola Superior de Arte Dramático de Murcia.

 

FICHA ARTÍSTICA

 

Vestiario: María Vicente, Ahora Teatro, Producciones Swing.

Música: Rafael Párraga.

Iluminación: Luisma Soriano.

Fotografía: Juan Carlos Alba.

Coreografía: Antonio Gonsálvez.

Producción: Juan Serrano.

Dirección: Francisco García Vicente.

 

Reparto:

Don A. de Luna: Antonio Blaya.

Moscatel. Francisco Pardo.

Don Juan: Ricardo Arqueros.

Doña Leonor: Lucía Padilla.

Ines: Noelia Díaz.

Doña Beatriz: Jerusa Arias.

Don Pedro: Miguel Cegarra.

 

Sipnose

 

Don Alonso é un galán que non cre no amor e fai chanzas de el, pero cando ten que axudar ao seu amigo Don Juan, vese envolto nunca serie de divertido enredos no que, de xeito inesperado, enamórase de Beatriz.

 

 

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.